Comunicado Federación sobre o acceso aos colexios

Dende a Federación de ANPAs de Colexios Privados e Concertados de Ourense, queremos poñer en coñecemento o noso maior rexeitamento o modo de proceder do Concello de Ourense en relación co acceso aos colexios desta cidade.

As nais e os pais que acudimos cos nosos fillos aos colexios, sempre acatamos as indicacións da policía local para minimizar os problemas nos accesos aos mesmos, e levamos anos plantexando aos distintos grupos de goberno da cidade solucións posibles ante estas situacións que se producen puntualmente e que poden xerar momentos de risco para as persoas, principalmente para os nenos. Nunca tivemos resposta.

A apertura da mesa de mobilidade no ano 2016, deunos esperanzas de que por fin, íase tomar conciencia e atallar este problema que tanto nos preocupa. Enviamos representantes a dita mesa, que trasladaron de novo as nosas propostas.

A nosa sorpresa foi que despois de todo este tempo, dita mesa, a única medida que propón para tranquilizar o tráfico, é multar as nais, aos pais e/ou aos avós… Non podemos aceptar que esta sexa a única solución a un problema.

Estamos de acordo co fomento da mobilidade, hábitos saudables, fomento do transporte público, etc, pero querer resolver os problemas do tráfico ensañándose coa parte mais débil, sen diálogo, con medidas unilaterais, sen alternativas, para un tema vital para a cidade, como é o acceso aos colexios, é botar enriba dos ombreiros das familias, (nais, pais, nenos e avós), os problemas que a cidade ven arrastrando por unha falta de planificación e de atención na búsqueda de solucións durante anos.

Pero creemos que, nas inmediacións de todos os colexios, centros deportivos (pabellón..) e de actividades extra-escolares (conservatorio de música…), teríanse que habilitar áreas que permitan o poder deixar e recoller aos nenos con seguridade e tranquilidade. Os nenos, e principalmente os mais pequenos, son dependentes. O sancionar por sancionar sen outras medidas ou solucións o único que xenera e malestar, mais nervios e estrés as nais e pais cando acercan ou recollen aos nenos nos colexios.

Nos queremos unha cidade viva, aberta, funcional e con nenos. Por este camiño vamos de cara a cidade da inmobilidade, non da mobilidade.

Intentaremos reunirnos de novo cos representantes municipais para trasladarlles o noso malestar e, unha vez mais, as nosas propostas, pero si a situación mantense coma ata agora e as sancións continúan, mobilizarémonos, porque a cidade e de todos e para todos.