Enquisa ás familias sobre formación non presencial durante o estado de alarma

Con esta enquisa buscamos coñecer as condicións na que se está a desenrolar a formación dos nosos fillos durante o confinamento, para iso preguntamos a opinión das familias en relación a temas como a influencia que está a ter na conciliación das familias, os recursos e metodoloxía de impartición e a información recibida, tanto por parte dos centros escolares como da Administración.

Consideramos que é importante trasladala aos organismos sociais e educativos para atopar entre todos as solucións mais adecuadas ante este situación extraordinaria, tanto para este curso académico e sobre todo, de cara o futuro, para ser capaces de planificar mellor os protocolos de actuación en situacións similares. Buscar solucións os problemas detectados e poder evitalos redundará no ben de todos e en especial, dos nosos rapaces que son os que están sempre na nosa mente.