FEDERACIÓN DE ANPAS DE
COLEXIOS PRIVADOS E CONCERTADOS
DE OURENSE

En defensa dos nosos dereitos como nais e pais

Novas

Galería de imaxes proxecto #EnRedes


Resumo do proxecto #EnRedes

8 programas de radio (Cope, Onda Cero e Cadea Ser) en coles da cidade (Santo Ángel, #Luis Vives, Divino Mestre, A Purisima, Carmelitas, Maristas, Franciscanas e Concepción Arenal) 3 podcast en Celanova, Carballiño e O Barco.

Ao redor de 600 alumnos e alumnas recibiron formación sobre relacións afectivas sas e uso responsable das novas tecnoloxías.

68 mozos e mozas asistiron á radio. Na radio contamos coa participación de José Miguel Pérez (Alcalde de San Xoan de Río) Aníbal Pereira (Tenente de Alcalde do Concello de Ourense) Teresa Barge (Deputada de Igualdade na Deputacion de Ourense) Manuel Pardo (Delegado Territorial da Xunta de Galicia) Eladio Santos (Subdelegado do Goberno en Ourense) e Álvaro Vila (Secretario Xeral do PSdG en Ourense).


A Federación de ANPAS de centros concertados e privados de Ourense clausura no colexio Maristas Santa Maria de Ourense a 4ª edición proyecto #EnRedes para promover a Igualdade e o uso positivo de internet

Con motivo da conmemoración do día 25N, Día Internacional de eliminación da violencia de xénero, a Federación de ANPAS de centros concertados e privados de Ourense, o Colexio Marista Santa María de Ourense e APAMAR (Asociación de Padres de Alumnos del Colegio Marista Santa María de Ourense e a comunidade educativa organizaron un acto para clausurar o proxecto de Igualdade realizados este ano co apoio da Dirección Xeral de Igualdade a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.

A clausura do acto, que se desenvolveu nas instalacións do colexio Marista Santa María de Ourense, acudiron persoas membros das ANPAS asociadas, alumnado e profesorado participantes nos proxectos, e os representantes de Administracións Públicas: o Concelleiro de Educación do Concello de Ourense, Antonio Fernández, a Deputada de Educación e Igualdade da Deputación de Ourense, María Teresa Barge Bello, o Xefe Territorial de Educación, Rubén Sampedro e a Directora Xeral  de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Judit Fernández, quen destacou a importancia de traballar a idades tempranas a igualdade e a prevención da violencia de xénero como medio efectivo para acadar un futuro libre deste gran problema social. 

As actividades do proxecto EnRedes, baseadas na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo como medio de aprendizaxe para fomentar a creatividade, a imaxinación, o traballo cooperativo e o compromiso social, estiveron guiadas polas expertas Susana Pérez e Eva Castro. Implicaron a máis de 600 nenos e nenas de 1º ou 2º da ESO, que expuxeron os coñecementos adquiridos no proxecto en programas de radio locais colaborando coas emisoras da cidade de Ourense, COPE, Radio Ourense e ONDA CERO, onde se estableceu un diálogo coa Administración no que participaron representantes da Alcaldía de San Xoán de Río, da Deputación de Ourense, da Xunta de Galicia, da Subdelegación do Goberno e da Alcaldía de Taboadela, lanzando unha mensaxe educativa para as familias e persoas educadoras.

Así mesmo o alumnado dos centros educativos da provincia elaboraron episodios para publicar en formato podcast e difundir entre a comunidade educativa, onde tiveron a oportunidade de falar con persoas responsables das Concellerías de Igualdade e de Educación nos concello de O Barco de Valdeorras, Celanova e Carballiño. A Federación de Anpas de colexios privados e concertados de Ourense reúne a 15 anpas de 15 centros escolares da provincia de Ourense, das que forman parte ou están asociadas máis de 3.600 familias. No acto o Presidente da Federación de Anpas de centros privados e concertados de Ourense, Mario Fernández explicou o proxecto #EnRedes da Federación que está na súa 4ª edición e que este ano contou cun total de 11 centros participantes.


Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo.
Benjamín Franklin

Proxecto «Xuntos Gañamos»

logo-xuntos

Desde a Federación de ANPAs de Colexios Privados e Concertados de Ourense, continuamos co noso proxecto “Xuntos Gañamos” co o obxetivo de lograr descontos para todos os asociados e por outro lado fomentar o comercio local da nosa cidade e provincia.

Dende este curso, o carnet de socio será virtual e para conseguilo, debedes descargarvos a aplicación “four” no voso teléfono móbil. Desde Play Store de Android (four) ou desde App Store de Apple (four Ourense)

Os asociados a ANPA, o introducir os vosos datos, automáticamente vos autorizará a utilizar a aplicación e vos emitirá o carnet de socio. Este carnet é válido para poder participar nas actividades da ANPA e para o seu uso nos establecementos adheridos ó proxecto e que aparecen na aplicación.

Se cualquera outro establecemento que coñezades, ou co que teñades contacto habitual, quixera adherirse, poderá facelo en cualquera momento neste enlace:

Enlace adhesión proxecto «Xuntos Gañamos»

Eu fago o que vostede non pode facer e vostede fai o que eu non podo.
Xuntos podemos facer grandes cousas.

Nai Teresa de Calcuta

Ligazóns de interese

Máis libres

Máis libres

Máis libres, máis plurais, máis iguales

    CONCAPA

    CONCAPA

    Confederación Católica Nacional de Padres de Familia y Padres de Alumnos


      Deixareiche estar nos meus soños se eu podo estar nos teus.
      Bob Dylan

      Contact

      Thank you! I have received your message.

      name

      email

      message

      Contact Info

      anpasourense@anpasourense.org

      Enderezo: Colegio Plurilíngüe Santa María
      Calle Bedoya, 9
      32003 - Ourense