A Federación de ANPAS de centros concertados e privados de Ourense clausura no colexio Maristas Santa Maria de Ourense a 4ª edición proyecto #EnRedes para promover a Igualdade e o uso positivo de internet
by Admin on 30 Nov, 2025 - Comentarios desactivados en A Federación de ANPAS de centros concertados e privados de Ourense clausura no colexio Maristas Santa Maria de Ourense a 4ª edición proyecto #EnRedes para promover a Igualdade e o uso positivo de internet
Con motivo da conmemoración do día 25N, Día Internacional de eliminación da violencia de xénero, a Federación de ANPAS de centros concertados e privados de Ourense, o Colexio Marista Santa María de Ourense e APAMAR (Asociación de Padres de Alumnos del Colegio Marista Santa María de Ourense e a comunidade educativa organizaron un acto para clausurar o proxecto de Igualdade realizados este ano co apoio da Dirección Xeral de Igualdade a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero.
A clausura do acto, que se desenvolveu nas instalacións do colexio Marista Santa María de Ourense, acudiron persoas membros das ANPAS asociadas, alumnado e profesorado participantes nos proxectos, e os representantes de Administracións Públicas: o Concelleiro de Educación do Concello de Ourense, Antonio Fernández, a Deputada de Educación e Igualdade da Deputación de Ourense, María Teresa Barge Bello, o Xefe Territorial de Educación, Rubén Sampedro e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Judit Fernández, quen destacou a importancia de traballar a idades tempranas a igualdade e a prevención da violencia de xénero como medio efectivo para acadar un futuro libre deste gran problema social.
As actividades do proxecto EnRedes, baseadas na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo como medio de aprendizaxe para fomentar a creatividade, a imaxinación, o traballo cooperativo e o compromiso social, estiveron guiadas polas expertas Susana Pérez e Eva Castro. Implicaron a máis de 600 nenos e nenas de 1º ou 2º da ESO, que expuxeron os coñecementos adquiridos no proxecto en programas de radio locais colaborando coas emisoras da cidade de Ourense, COPE, Radio Ourense e ONDA CERO, onde se estableceu un diálogo coa Administración no que participaron representantes da Alcaldía de San Xoán de Río, da Deputación de Ourense, da Xunta de Galicia, da Subdelegación do Goberno e da Alcaldía de Taboadela, lanzando unha mensaxe educativa para as familias e persoas educadoras.
Así mesmo o alumnado dos centros educativos da provincia elaboraron episodios para publicar en formato podcast e difundir entre a comunidade educativa, onde tiveron a oportunidade de falar con persoas responsables das Concellerías de Igualdade e de Educación nos concello de O Barco de Valdeorras, Celanova e Carballiño. A Federación de Anpas de colexios privados e concertados de Ourense reúne a 15 anpas de 15 centros escolares da provincia de Ourense, das que forman parte ou están asociadas máis de 3.600 familias. No acto o Presidente da Federación de Anpas de centros privados e concertados de Ourense, Mario Fernández explicou o proxecto #EnRedes da Federación que está na súa 4ª edición e que este ano contou cun total de 11 centros participantes.


