MAIS PLURAIS SOLICITA A PARALIZACIÓN DA LEI CELAÁ
by Admin on 17 Nov, 2020 - Comentarios desactivados en MAIS PLURAIS SOLICITA A PARALIZACIÓN DA LEI CELAÁ
Representantes da Plataforma Máis Plurais, da que forman parte sindicatos, asociacións de familias, empresas do sector e diferentes organizacións educativas, rexistraron esta mañá escritos dirixidos á Presidenta do Congreso e aos Grupos Parlamentarios solicitando a paralización da LOMLOE. Os apoios recibidos nas últimas semanas constatan a enorme preocupación e rexeitamento que o Proxecto de Lei Orgánica de Mellora da Lei Orgánica de Educación xera nunha parte importante da sociedade. Como se veu denunciando desde as organizacións integrantes da Plataforma, estamos #ante un Proxecto de Lei fortemente intervencionista que promove a restrición de dereitos e liberdades cidadás e atenta contra a pluralidade do noso sistema educativo, elemento sen dúbida clave nunha sociedade democrática.
