A Federación de ANPAS de Colexios concertados de Ourense, pon en marcha, por segundo ano consecutivo o proxecto EnRedes, coa finalidade de previr a violencia de xénero entre familias e alumnado de colexios privados e concertados da cidade de Ourense.
Para o desenvolvemento deste proxecto, que se leva a cabo durante os meses de outubro e novembro do ano 2023, contamos co apoio da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, a colaboración das AMPAS asociadas e os centros educativos.
As actividades desenvoltas no proxecto EnRedes, alinéanse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), en concreto co ODS4 e o ODS5, e diríxense a alumnado de 1º ou 2º da ESO, a pais, nais, familias e equipos docentes para facilitar a sensibilización, información, coñecemento e reflexión sobre igualdade a violencia de xénero e sobre o uso adecuado da intrnet e as novas tecnoloxías, empregando unha perspectiva de xénero e a metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS) para que o alumnado poda poñer os coñecementos adquiridos ao servizo da comunidade.